Historia da Música: Grecia

   O outro día falamos da Prehistoria musical. Hoxe imos dar un grande salto no tempo e imos coñecer moi brevemente como era a música na antiga Grecia.

   Houbo manifestacións musicais en todas as culturas: exipcia, xaponesa, mesopotámica... Pero como o tempo é o que temos, e pola súa influencia na música occidental, imos ver cómo era a música grega.

   Os gregos dábanlle moita importancia á música, xa que consideraban que influía no comportamento dos seres humanos. Así filósofos como Platón, Aristóteles ou Pitágoras recoñeceron a importancia da Educación Musical.

   Unha das características da música grega é que a melodía se baseaba no que se coñecen como os modos gregos. Unha sucesión de notas das que saíron as escalas musicais que chegaron ata os nosos días.

   No seguinte enlace podedes ver un vídeo no que Leonard Berstein explica para os rapaces e rapazas que son os modos e como ata a música actual segue a utilizalos. É un vídeo longo, pero se non queredes ver o concerto enteiro (aínda que o recomendo), podedes ollar algún anaco. 



   Nos seguintes vídeos podedes ver os instrumentos da antiga Grecia


 Como soaba o aulós

Por último, decirvos que a primeira composición musical completa que se conserva é da antiga Grecia: o Epitafio de Seikilos. No seguinte vídeo podedes escoitala.


Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares