Atrapa as notas

 
Hoxe propóñovos un xogo para repasar o nome das notas.

   En primeiro lugar seleccionade o modo lectura pinchando arriba no ollo. Despois escollede o número de notas co que queredes xogar (máis abaixo deixo a recomendación segundo o curso).

   No pentagrama irán pasando distintas notas, e vos tedes que pulsar abaixo o seu nome. Por cada acerto acumulades puntos, canto antes pulsedes o nome correcto,  máis puntos vos darán.  Pero ollo, se vos equivocades ou a nota se escapa, perdedes  puntos.

   A pasalo ben!





3º e 4º





   Podedes probar o nivel de outros cursos. Boa caza!



Comentarios

Entradas populares