Cancións infantís




   Bo día,

   Propóñobos unhas cancións para o alumnado de Infantil.  A primeira está especialmente recomendada para as nenas e nenos de 4° de Infantil (3 aniños).

   É unha canción curta e sinxela. A versión que vos deixo é a de Cantajuego, xa que a pesar de  ter no medio unhas intervencións do cocodrilo que  non imos cantar, os xestos son interesantes para que os nenos e nenas os aprendan.

Un cocodrilo

   Cando saiban a canción podedes xogar cambiando o que pasou ao final, por exemplo:
¿Y qué pasó?
Que resbaló.
 Seguro que lles parece divertido e mesmo inventan algún final.

   A outra canción que recomendo é para todo o alumnado, chámase Yo soy un artista. É unha canción na que temos que imitar o son e os xestos de diferentes instrumentos musicais.



  Así que a saibades, poderes elixir o instrumento que quieras.

  Espero que vos gusten e que pasedes un feliz e musical momento cos vosos nenos e nenas

Comentarios

Entradas populares