Pequenos compositores
Se a aplicación de onte era para nenos e nenas un pouco maiorciños, hoxe traio unha aplicación en liña para que os máis novos compoñan dunha forma moi intutiva experimentando co son e a imaxe.
Esta aplicación chámase Tonematrix. Consiste nunha cuadrícula na que ao tocar un cadriño éste encéndese e emite un son. Horizontalmente controlamos o tempo (soan de esquerda a dereita), e verticalmente a altura (canto máis arriba, máis agudo).
Xa temos probado esta aplicación na clase es gustoulles moito, así que de seguro pasan un bo rato.
Comentarios
Publicar un comentario