Ton exclusivo para o móvil
Hoxe imos compoñer unha pequena melodía para o teu móvil (se xa es grandiño/a e tes un) ou para regalar.
Empregaremos a aplicación en liña Flat. Non hai que descargar nada, pero sí é necesario rexistrarse, polo que un adulto deberá axudarte neste punto. Só tes que meter unha conta de google ou un correo e indicar a túa idade (insisto no de que un adulto faga isto por vós).
Unha vez rexistrados premede en nueva partitura.
Despois pediravos que lle poñades un título
Agora toca escoller para qué instrumento queredes compoñer a vosa obra. Para isto dádelle ao + que está na esquina inferior dereita.
Aparecerán moitas opcións, escollede a que máis vos guste. Pódense engadir varias voces, pero esta primeira vez, recoméndovos que a fagades para unha soa. Cando xa sexades expertos, podedes compoñer a varias voces.
Unha vez escollido o instrumento ou voz é hora de empezar a compoñer!
Agora xa o faremos todo dende esta pantalla. Por defecto aparece o compás 4/4, a tonalidade de ReM ou Sim e a velocidade. Podedes cambialo todo premendo enriba do signo correspondete (no mesmo pentagrama).
Para escribir o ritmo e a melodía hai que fixarse na parte baixa da imaxe. Escolledes unha figura (ritmo) premendo na súa imaxe. Despois tocades unha tecla do piano e xa tedes a nota. Se non queredes cambiar de figura, seguide co teclado, pero lembrade premer na imaxe da figura cada vez que quierades cambiar.
Para facer algún cambio, só tedes que pulsar no pentagrama a nota que queredes cambiar.
Para un ton do teléfono móvil con dous ou catro compases tedes suficiente.
Unha vez remtado só queda descargarla. Na parte de arriba aparece unha nube cunha frecha. Dádelle e escollede gardar en formato mp3.
Xa tedes unha melodía exclusiva e feita por vós!
Esta actividade non conta para a nota, pero se me queredes enviar as vosas melodías, encantarame escoitalas, e prometo non utilizalas. Así seguirán sendo exclusivas!
Comentarios
Publicar un comentario