O Rei León


   Hai algún ou algunha fan de Disney por aquí? Unha polo menos: eu. E unha das cousas que máis me gustan das películas desta casa é a súa música.

   Unha das miñas bandas sonoras favoritas de Disney é a do Rei León, que conta con cancións tan coñecidas como El ciclo sin fin Hakuna matata ou a gañadora do Óscar á mellor canción en 1995 Can you feel the love tonight.

   Imos comezar con El ciclo sin fin, unha canción que incorpora sonoridades africanas (continente no que se desenvolve a acción). En primeiro lugar tedes un vídeo para ver esta parte da película, e a continuación, un karaoke para cantar.

   El ciclo sin fin

Karaoke

   Outra canción das máis coñecidas é Hakuna matata, que en suwahili quere dicir "non te preocupes", "todo está ben" ou "non hai problema". Nesta ocasión tedes a versión de Timón e Pumba e despois un tutorial para bailala.

   Hakuna matata

Coreografía


   Como todo cachorro, Simba ás veces non tiña ganas de obedecer aos maiores. Nesta divertida canción podemos ver como Simba e Nala fan rabiar ao paciente Zazu.

Yo voy a ser Rey León

   A continuación unha lectura rítmica con esta canción.


Lectura rítmica
 

   Para despedir esta entrada, déixovos a canción gañadora do Óscar. Espero que vos gustara.









Comentarios

Entradas populares