Queen
Un dos grandes grupos da historia do rock é Queen. É unha banda británica fundada en 1970 por Freddie Mercury (voz e piano), Brian (guitarra e voces), John Deacon (baixo) e Roger Taylor (batería e voces).
Son deles cancións tan coñecidas como We are the champions, Don't stop me now, Another one bites the dust... e a elixida moitas veces como a mellor canción da historia do rock, Bohemian Raphsody.
A maioría xa coñecedes algo de Queen, xa que en clase temos traballado algunha canción. Tamén puxen algunha vez cancións súas na entrada ao cole. Aínda así, antes de comezar coas actividades, déixovos algúns vídeos para que escoitedes a súa obra.
A continuación comezamos coas actividades, e facémolo con I want to break free. En primeiro lugar tedes un vídeo coa canción e despois un ritmo para acompañar con boli (sí, sí, con boli).
Agora tocaremos coa fratua We will rock you (na entrada de frauta doce deste blogue tedes as posicións), pero antes, escoitarémola.
We will rock you. Flauta dulce
E para rematar, un pouco de baile, pero como sempre, primeiro a canción orixinal.
Es un grupo fantastico
ResponderEliminarSí, a mí me encanta
Eliminar